QUEIXERÍAS BAMA - O noso queixo
QUEIXO ARZÚA-ULLOA D.O.P.

Este queixo de forma lenticular, parte da pasteurización do mellor leite de vaca e un mínimo de seis días de maduración. Este queixo preséntase cunha corteza fina e elástica, brillante e lisa. Todos eles enciantados coa nosa característica banda branca de algodón.

No interior, unha pasta uniforme, sen grietas, entre branco marfil e amárelo pálido, mostra escasos ollos redondeados distribuídos de maneira irregular.

Finalmente un aroma, que lembra o iogurt e a manteiga, e o sabor fundamental do leite, lixeiramente salgado e de acidez media-baixa, permítenos identificar un exquisito Queixo Arzúa-Ulloa de Bama.


Forma: lenticular
Aspecto: cor marela pallosa.
Superficie cerosa e lisa
Pezas: 500 gr, 1 kg, e 3 kg

Consumir preferentemente antes de 3 meses

COMPOSICIÓN EN %

M.G./E.S. Mín 50%
Extracto Seco Mín 45%
Sal Aprox. 1%
pH >5.00 <5.50
QUEIXO TETILLA D.O.P.

A denominación de orixe Queixo Tetilla é ampliamente coñecida. Elaborado con leite pasteurizado de vaca ten un período de maduración mínimo de sete días.

Tódolos formatos, entre 0,7 e 1,5 Kg, están recubertos cunha corteza fina e elástica, de cor amarela palliza.

A súa pasta branca, con poucos ollos repartidos regularmente é cremosa e uniforme, ideal para acompañala con pans densos da artesanía galega.

Un aroma suavemente ácedo, e un sabor lácteo manteigoso, e lixeiramente salgado, son as mostras do noso Queixo Tetilla.

Para a súa degustación directa recoméndase acompañalo de pans densos, de tradición galega, como ó artesá de trigo, o de millo, de centeo ou mesmo o integral.


Forma: cónico-convexa
Aspecto: cor marela pallosa.
Superficie cerosa e lisa
Pezas: 750 gr e 1 kg

Consumir preferentemente antes de 3 meses
COMPOSICIÓN EN %

M.G./E.S. Mín 50%
Extracto Seco Mín 45%
Sal Aprox. 1%
pH >5.00 <5.50
QUEIXO FRESCO

O queixo é moi tradicional en Galicia. A súa textura, tan branca; a delicadeza do seu sabor, a súa brandura... fan que sexa un queixo moi indicado para os adultos, e o preferido de moitos nenos.

Aínda que o encontramos con frecuencia en ensaladas mixtas de todo tipo, é como postre como máis veces se presenta: acompañado de noces e mel, ou adozado só con este.

Forma: cilíndrica
Aspecto: cor branca
Pezas: 500 gr, e 2 kg

Caduca ós 10 días
COMPOSICIÓN EN %

M.G./E.S. Mín 45%
Extracto Seco Mín 30%
Sal Aprox. 1%
pH >6.00 <6.50
Todo o contido desta páxina web (xa sexa en forma de texto, imáxenes ou vídeo) é propiedade de Queizuar SL e Queixerías Bama SL
A páxina web está optimizada para o seu uso en Mozilla Firefox, aínda que é compatible con Google Chrome e Internet Explorer.