QUEIXERÍAS BAMA - O noso queixo
A CALIDADE DO NOSO QUEIXO

O departamento de calidade de Queixerías Bama traballa diariamente para manter o máis alto nivel de calidade nos queixos, seguindo os protocolos da norma ISO 9001.


As diferentes estratexias seguidas son as seguintes:

1- Rigurosos controis sanitarios:
1.1- Por parte da propia empresa:

Á leite: para buscar trazas de antibióticos, coliformes, ou outros compostos que adulteren a materia prima.


Ó queixo: para detectar o pH, a temperatura, a textura, etc; que modifican as propiedades organolépticas dos queixos.


Ó soro de leite: para detectar os parámetros fisico-químicos do subproducto da producción do queixo, e ver se existen diferencias entre lotes.

1.2- Analíticas externas:
Por parte da Consellería de Sanidade, da Consellería de Medio Rural e do Consello Regulador das Denominaciones de Orixe.
2- Catas dos queixos por parte do Consello Regulador de Orixe
A este respecto sentímonos orgullosos de poder dicir que contamos cos seguintes premios:

*No queixo Arzúa-Ulloa D.O.P.:
Distinción de bronce na V edición da "Cata dos queixos de Galicia" (2002)
Distinción de prata na VI edición da "Cata dos queixos de Galicia" (2003) e de ouro por Radio-Turismo
Distinción de ouro na VII edición da "Cata dos queixos de Galicia" (2004)
Distinción de prata na VIII edición da "Cata dos queixos de Galicia" (2005)
Distinción de bronce na X edición da "Cata dos queixos de Galicia" (2007)
Distinción de bronce na XI edición da "Cata dos queixos de Galicia" (2008)
Distinción de ouro na XII edición da "Cata dos queixos de Galicia" (2009)
Distinción de bronce na XIII edición da "Cata dos queixos de Galicia" (2010)
Distinción de bronce na XV edición da "Cata dos queixos de Galicia" (2012)
*No queixo Arzúa-Ulloa Curado D.O.P.:
Distinción de bronce na XVI edición da "Cata dos queixos de Galicia" (2013)
*No queixo Tetilla D.O.P.:
Distinción de bronce na III edición da "Cata dos queixos de Galicia" (2000)
Distinción de ouro na XII edición da "Cata dos queixos de Galicia" (2009)
3- Ademáis fanse controis de alérxenos, e trabállase para controlar dende o primer momento toda a trazabilidade do producto.


Respecto aos controis de alérxenos, as analíticas externas realizadas sobre os nosos produtos tiveron os seguintes resultados:

Anhídrido sulfuroso inferior a 5 mg/kg

Detección de ovo (ovoalbúmina) inferior a 1 mg/kg

Prolaminas de trigo, centeo e cebada (no gluten) inferior a 5 mg/kg

A PREVENCIÓN DE RISCOS E O MEDIO AMBIENTE
En canto ó departamento de prevención de riscos, faise unha evaluación diaria dos APPCC (Análisis de Peligros y Puntos de Control Críticos).

No departamento de medio ambiente, fanse controis dos gases da fábrica, así como dos ruidos derivados da actividade da mesma.

Ademáis a empresa conta cunha depuradora, á que se lle fan controles diarios para manter as augas de saída en perfecta armonía co medio natural que rodea a empresa.

Todo isto faise seguindo os protocolos da norma ISO 14001.

Todo o contido desta páxina web (xa sexa en forma de texto, imáxenes ou vídeo) é propiedade de Queizuar SL e Queixerías Bama SL
A páxina web está optimizada para o seu uso en Mozilla Firefox, aínda que é compatible con Google Chrome e Internet Explorer.