QUEIXERÍAS BAMA - O noso queixo
O QUE XO CON i DE INNOVACIÓN
i
Queixerías BAMA é unha empresa cunha filosofía basada desde os seus inicios na calidade, e no absoluto respeto polo medio ambiente. É por iso polo que BAMA aposta fortemente pola I+D+i.

Queixerías BAMA leva colaborando en proxectos de investigación coas tres Universidades galegas desde fai máis de seis anos.


Na actualidade, Queixerías BAMA está a desenvolver dous proxectos relacionados coa valorización do soro de leite (o subproduto da produción de queixo).


O soro lácteo é un problema para nada baladí nas queixerías, xa que ao ter unha alta DBO (Demanda Biolóxica de Osíxeno) e DQO (Demanda Química de Osíxeno), éste debe de ser tratado, antes da súa eliminación ao medio ambiente, traendo consigo un custo asociado.

A Unión Europea, a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader),apoia a realización dun proxecto da empresa consistente en melloras tecnolóxicas en queixería, cun investimento de 251.034,13€, para o que se lle concedeu unha axuda pública total de 100.413,65€ ( o 75% financiada polo Feader). Con este proxecto a empresa pretende mellorar a eficiencia de produción na sala de elaboración, aumentar a produción, reducir o impacto ambiental e mellorar a calidade dos produtos e servizos.
Todo o contido desta páxina web (xa sexa en forma de texto, imáxenes ou vídeo) é propiedade de Queizuar SL e Queixerías Bama SL
A páxina web está optimizada para o seu uso en Mozilla Firefox, aínda que é compatible con Google Chrome e Internet Explorer.